A Garda Civil de Noia en colaboración coa Policía Local de de Rianxo investiga a un home desta mesma localidade por un presunto delito de malos tratos animais


A Garda Civil de Noia en colaboración coa Policía Local de de Rianxo investiga a un home desta mesma localidade por un presunto delito de malos tratos animais. Os feitos iniciáronse no transcurso dunha inspección rutineira, cando a Garda Civil decatouse de que vintecinco cans adultos e 10 cachorros atopábanse en condicións hixiénicas deplorables, con síntomas evidentes de delgadez extrema e mesmo nalgúns casos con sarna. Tamén se achou un can morto. Descoñécese en que consistía a dieta dos cans, debido a que non se atopou penso ou outro tipo de comida adecuada no lugar dos feitos. Pola cantidade de restos putrefactos doutros animais no chan, é posible que este fóra o tipo de alimentación que inxerisen os cans para subsistir. No mesmo lugar tamén se acharon 18 tenreiros e 1 cabalo nas mesmas condicións hixiénico-sanitarias que os cans. Os cans quedan a disposición do Xulgado de Padrón, e os tenreiros e o cabalo a disposición da Concellería de Medio Rural.