Ethel Vázquez chama ao Ministerio para a Transición Ecolóxica a desbloquear o convenio coa Xunta e o Concello para acadar canto antes a solución para o abastecemento de auga a Vigo


O Goberno galego, o Concello de Vigo e o Ministerio para a Transición Ecolóxica acordaron o pasado mes de outubro asinar un convenio de colaboración para realizar conxuntamente un estudo de alternativas sen apriorismos para dar solución definitiva aos problemas estruturais do sistema de abastecemento da área sur da provincia de Pontevedra.
A conselleira informou de que actualmente a Xunta está á espera de que o Ministerio traslade coa maior axilidade a súa conformidade coa proposta de convenio, tendo en conta que se trata dun asunto importante que debe abordarse canto antes. Ethel Vázquez fixo estas declaracións este mediodía en Vigo, antes de participar nun encontro promovido polo Foro de Enerxía e Medio Ambiente do Círculo de Empresarios de Galicia, no que presentou a conferencia da directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez.

more recommended stories