A Xunta abre o prazo de matrícula nas escolas infantís da rede autonómica da Galiña Azul e nas prazas concertadas para o vindeiro curso 2019/20


A Xunta abre a partir de mañá e ata o vindeiro día 5 de abril o prazo de inscrición para o curso 2019/20 nas escolas infantís da rede autonómica da Galiña Azul, que poñen a disposición das familias 10.379, 114 máis que no actual curso. Tamén se abre o prazo nas 492 prazas públicas concertadas con centros de titularidade privada. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe estas tres resolucións, que por primeira vez inclúen como requisito o cumprimento do calendario de vacinación oficial para acceder a un centro público ou praza concertada. Orde para Escolas infantís dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, orde para Escolas infantís dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais e orde para prazas públicas en escolas infantís de titularidade privada.

more recommended stories