Queda visto para sentenza o xuízo polo gran incendio acontecido en Ribeira en agosto do 2013, e no que arderon 180 hectáreas de bosque preto do polígono de Xarás


Continúa na Audiencia Provincial en Santiago o xuízo polo gran incendio acontecido en Ribeira o 27 de agosto 2013, e no que arderon 180 hectáreas de bosque preto do polígono de Xarás. Esta mañá declararon , ademais de varias testemuñas que desmentiron a coartada do investigado, os peritos encargados da investigación do incendio e o coordinador de protección civil de Ribeira.