A área de Igualdade da Deputación da Coruña dedica o seu X Concurso de Viñetas ás mulleres migrantes


Empregar a viñeta ou tira de viñetas para reflexionar, concienciar, visibilizar e mudar mentalidades en xeral, mais de maneira especial de adolescentes, sobre a dobre discriminación e o empoderamento das mulleres migrantes é o obxectivo deste X Concurso de Viñetas que vén de convocar a área de Igualdade da Deputación da Coruña.
As mozas e mozos participantes poderán entregar unha viñeta ou unha tira cun máximo de seis que sensibilice contra a discriminación pola cultura, etnia, relixión, nacionalidade ou calquera outra condición.