O Colexio de Arquitectos de Galicia deu a coñecer as obras finalistas da XVIII edición dos Premios COAG de Arquitectura


O Colexio de Arquitectos de Galicia deu a coñecer as obras finalistas da XVIII edición dos Premios COAG de Arquitectura, que contou coa candidatura de 155 propostas visadas, executadas e finalizadas no ámbito territorial da entidade colexial entre o 31 de xullo do 2016 e o 31 de xullo do 2018. O Premio á Traxectoria Profesional farase público nos próximos días.