O BNG traballará para a aumentar os medios para a prevención de drogas e adicións

A deputada da área de benestar e igualdade da Deputación da Coruña, Ánxela Franco, realizou hoxe unha visita á Unidade de Atención a Drogodependentes (UAD) en Ribeira acompañada dos voceiro do BNG en Ribeira e Pobra, Xosé Vázquez Cobas e Ramiro Ouviña.

Os nacionalistas realizaron cos profesionais que alí traballan un percorrido polas instalacións da UAD para coñecer de maneira detallada dos medios dispoñíbeis para realizar o seu labor.