O salón de plenos de Noia acollerá mañá venres unha reunión aberta coa veciñanza para a nova campaña contra a avespa velutina


O salón de plenos do Concello de Noia acollerá mañá venres 15 de marzo, ás 20:30 horas, unha reunión aberta á veciñanza para presentar a nova campaña municipal para loitar contra a avespa velutina. Unha charla que será impartida polo xefe do servizo de Protección Civil de Noia, Eduardo Moledo, quen estará acompañado pola concelleira de Medio Ambiente, Ángela Neri. A entrada é totalmente libre e de balde.