Os proxenitores do alumnado do CEIP O Grupo de Ribeira asistiron onte a unha charla sobre o acoso escolar

Proxenitores de alumnado do CEIP O Grupo de Ribeira asistiron onte a unha charla sobre o acoso escolar e estilos educativos parentais e implicación no comportamento das nenas e nenos impartida polo educador social e pedagogo, Ramón Molina Gómez.

A charla promovida pola ANPA SANTA UXÍA de este centro escolar, tiña como obxectivo ampliar os coñecementos ante un tema de gran importancia nos centros educativos, e tamén de moita actualidade, como é o acoso escolar.