O Boiro xogará este fin de semana un partido crucial na loita pola permanencia

Partido vital para o Boiro este fin de semana, que recibirá ao quinto clasificado, ao Alondras. Os do Barbanza queren sumar 3 puntos que lle permitan saír da zona de descenso.

Non será un encontro sinxelo, xa que o Alondras sitúase preto dos postos de ascenso. Na preferente norte haberá duelo da comarca, entre Puebla e o Noia. Os noieses buscarán facerse cunha vitoria a domicilio que lles permita situarse máis preto dos postos de ascenso directo. En cambio, o conxunto da Puebla, situado na metade da táboa con puntos para non pasar apuros afrontará o encontro con menor presión