A policía local de Rianxo informou onte de que nos últimos días houbo algúns roubos de bolsos e carteiras do interior de vehículos estacionados en diversos lugares do termo municipal

A policía local de Rianxo informou onte de que nos últimos días houbo algúns roubos de bolsos e carteiras do interior de vehículos estacionados en diversos lugares do termo municipal do Concello de Rianxo.

Por este motivo, os axentes recomendan que se tomen as medidas oportunas de seguridade e non se deixen obxectos de valor á vista dentro dos vehículos.