Lousame conmemora mañá venres o Día da Muller coa mostra “A metade do ceo”, de José Tembra, e a entrega dos premios do concurso de fotografía “Nós compartimos… e ti?”

A Casa da Cultura de Lousame acollerá mañá venres 8 de marzo dúas actividades conmemorativas do Día Internacional da Muller.

Ás 20:00 horas abrirase ao público unha mostra coas 15 fotografías participantes no concurso “Nós compartimos… e ti?”, que se levou a cabo durante os quince últimos días na páxina en Facebook do Concello de Lousame.