O Club Kenpo Ribeira vai celebrar este domingo unha gala polo seu 45 aniversario

O Club Kenpo Ribeira vai celebrar este domingo unha gala polo seu 45 aniversario. Terá lugar no Liceo Marítimo de Ribeira a partir das 6 da tarde.

O presidente do club, José Cardalda, indicou que este vai a ser un acto moi especial para o ximnasio, debido a historia do club no municipio e pola cantidade de veciños e veciñas que pasaron por el. Salientou igualmente que a gala vai lembrar e rendir homenaxe ao seu fundador, Juan Hombre.