A conselleira do Mar, Rosa Quintana, trasladou fai uns días ao director xeral de Asuntos Marítimos e Pesca a preocupación de Galicia en relación á normativa do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca que obrigou á Xunta a inadmitir axudas a cinco confrarías de pescadores.

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, trasladou fai uns días ao director xeral de Asuntos Marítimos e Pesca (DG Mare) da Comisión Europea, João Aguiar, a preocupación de Galicia en relación á normativa do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) que obrigou á Xunta a inadmitir axudas a cinco confrarías de pescadores. Deste tema falou hoxe o patrón maior de Rianxo.