A conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacou o labor realizado polo arquitecto Óscar Fuertes e o seu equipo no Estudo do bordo litoral desde a enseada de Broña a Punta Barquiña

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacou o labor realizado polo arquitecto Óscar Fuertes e o seu equipo no Estudo do bordo litoral desde a enseada de Broña a Punta Barquiña no concello de Outes, que contou co apoio da Consellería do Mar.

Este traballo, explicou a titular de Mar, pon en valor diferentes construcións do litoral desta zona, como antigas rampas, diques, casetas de pescadores ou estaleiros tradicionais, que amosan unha parte do pasado da Galicia mariñeira.

more recommended stories