A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, presentou esta mañá o proxecto de repoboación forestal e posta en valor do monte de San Lourenzo

A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, presentou esta mañá o proxecto de repoboación forestal e posta en valor do monte de San Lourenzo, no que o Concello de Lousame ten previsto investir 33.500 euros grazas a unha achega da Consellería do Medio Rural.

Unha actuación que suporá a repoboación forestal, fundamentalmente con frondosas autóctonas caducifolias, na contorna da capela de San Lourenzo, na parroquia de Tállara.