A Deputación da Coruña destinará este ano 7.899.526 euros para financiar o Plan de Conservación de Vías Provinciais

A Deputación da Coruña destinará este ano 7.899.526 euros para financiar o Plan de Conservación de Vías Provinciais. O orzamento increméntase en 100.000 euros con respecto a 2018.O programa foi aprobado onte por unanimidade na Comisión de Vías e Obras e será sometido a ratificación definitiva no pleno provincial ordinario correspondente ao mes de febreiro.