O polideportivo de Lousame acollerá unha charla sobre a importancia do traballo de forza no rendemento deportivo

O polideportivo municipal de Lousame acollerá mañá sábado 9 de febreiro, ás 19:00 horas, a xornada “A importancia do traballo de forza no rendemento deportivo”, organizada polo Club Lousame Deporte en colaboración do Concello. A charla está dirixida tanto a clubs deportivos como a deportistas en xeral e a entrada é libre e de balde, sen necesidade de inscrición previa.