Os concellos do Barbanza reciben 4,8 millóns do Fondo de Cooperación local da Xunta

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias e o delegado territorial da Xunta de Galicia, Ovidio Rodeiro, participaron esta mañá, nun encontro de traballo co alcalde de Ribeira, no que que lle trasladaron que este concello recibirá este ano, 869.000 euros do Fondo de Cooperación Local.

O delegado territorial informou que a comarca do Barbanza recibirá en total 4,8 millóns de euros destes fondos que se sitúan entre os ingresos máis importantes que reciben os concellos para o seu funcionamento para garantir o funcionamento dos servizos públicos e para poder facer obras.