O prezo das vivendas da comarca subiu lixeiramente neste mes de xaneiro

As vivendas subiron lixeiramente na comarca neste mes de xaneiro despois dun tempo no que os prezos se atopaban un pouco máis baixos. Así o afirman as inmobiliarias do Barbanza, que salientan que está a haber unha leve subida.

O prezo da vivenda aumentou lixeiramente neste mes de xaneiro en comparación cos que existían hai un ano. As inmobiliarias sinalan que está subida pode continuar aumentando de maneira lixeira nestes meses de principio de ano.