Noia contará durante o mes de febreiro con diversas actividades onde destacan o cine e o baile

Noia contará neste mes de febreiro cunha ampla programación cultural, onde o cine, o baile, o teatro e a literatura serán protagonistas. O concelleiro de cultura, José Pérez, foi o encargado de presentar esta mañá a programación cultural que se porá en marcha este mesmo sábado.

As sesións de cine contarán coa proxección, o vindeiro 16 de febreiro, da película “Sin Fin”, protagonizada polo noiés Javier Rey e a actriz, Maria León

Un dos momentos máis destacados desta programación será a estrea este sábado as 9 da noite no Coliseo Noela da serie “45 Revoluciones”, realizada por Bambú Producciones e que xa estreou máis proxectos na vila, como “Fariña” ou “Velvet”.