Máis de 5.000 persoas participaron xa no programa contra a violencia de xénero «Quen dixo medo?» da Deputación da Coruña

Máis de cinco mil persoas persoas, maiormente público infantil e xuvenil, participaron xa no programa «Quen dixo medo?» co que a área de Igualdade e Servizos Sociais da Deputación da Coruña quere contribuír a concienciar contra a violencia machista.

Cando remate o programa, de dúas anualidades, o programa terase achegado a máis de seis mil persoas.
 
Un total de 2.407 persoas, en especial alumnado de centros de ensino, participaron xa na segunda anualidade do programa «Quen dixo medo?» que a área de Igualdade e Servizos Sociais da Deputación da Coruña iniciou o pasado ano e que, en total, chegou xa, de forma directa, a 5.432 persoas a través das distintas actividades encamiñadas, de maneira especial, para nenos e nenas e mozas e mozos. .

more recommended stories