O Concello de Noia promocionará o seu casco histórico na Feria Internacional de Turismo (Fitur)

O alcalde de Noia, Santiago Freire, participará mañá en FITUR na presentación que realizará a consellería de Cultura dun novo produto turístico que porá en valor o potencial dos cascos históricos de Galicia.

Noia, foi xunto a Muros, un dos 20 concellos escollidos para esta iniciativa que permitirá dar a coñecer a vila no marco da feira de turismo máis importante a nivel nacional cunha guía na que se fai referencia á nosa historia, aos lugares máis salientables do casco histórico e mesmo aos comercios históricos da nosa vila.