A Xunta activa a alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego a partir desta tarde

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar a alerta laranxa por un temporal costeiro que comezará esta mesma tarde e que afectará a todo o litoral galego.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o nivel laranxa comenzará esta tarde no litoral oeste e noroeste da Coruña e Lugo. Durante a madrugada do mércores, estenderase ao suroeste da Coruña e Pontevedra. En todos os casos, agárdase mar combinada do oeste con ondas de 5 a 7 metros.