Galicia encargará un novo informe ao instituto Salvador de Madariaga para analizar os efectos da negociación do Brexit na pesca

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, explicou hoxe que a Xunta encargará ao Instituto Universitario de Estudos Europeos, “Salvador de Madariaga”, da Universidade da Coruña un novo informe sobre a actual situación do acordo do brexit e as posibilidades para conformar o acordo de pesca co Reino Unido.

Así o expuxo aos membros do Consello Galego de Pesca no pleno celebrado hoxe en Santiago, que comezou gardando un minuto de silencio polas vítimas dos naufraxios do pasado mes de decembro.

more recommended stories