O Concello da Pobra do Caramiñal acordou onte no pleno urxente e extraordinario convocado polo PP a realización dunhas xornadas de sensibilización contra a violencia de xénero

A moción foi enmendada por Nos Pobra e BNG, para que os actos sexan enfocados a todas as vitimas, polo que se aprobou a promoción dunhas xornadas de sensibilización e prevención contra a violencia de xénero, xornadas que se farán coincidir previsiblemente cunha data sensible en relación á desaparición e morte de Diana Quer.