O concurso de ideas para a construcción do novo auditorio de Ribeira constará de dúas fases

Iníciase a conta atrás para que unha das actuacións estrela do novo proxecto Máis Riveira Atlántica 2020 comece a ser unha realidade.

A semana que vén será convocado o concurso de ideas para o novo Auditorio Municipal de Ribeira unha vez resultaron ultimadas as bases polas que se rexerá este certame para a construción dunha infraestrutura para a que a EDUSI reserva unha partida de 2,5 millóns de euros.