O Concello de Noia remata as obras de mellora do parque infantil do paseo marítimo, a carón do que instalará unha pista de mini-basket

O Concello de Noia vén de rematar as obras de mellora no parque infantil do paseo marítimo, onde investiu máis de 31.000 euros.

Unhas melloras que consistiron na instalación dunha nova soleira de formigón e dun pavimento de caucho antiimpacto na contorna dos xogos, así como a reparación dos xogos existentes e a instalación dun xogo de resorte novo.