O concello de Rianxo fará efectiva a compra do pazo de Rianxiño nos próximos meses

O Concello de Rianxo ultima o plego de condicións para solicitar un crédito de 1,6 millóns de euros co que sufragar a compra do pazo de Rianxiño para crear ali o tan demandado centro de día.

O alcalde de Rianxo apuntou que nestes momentos o concello ten pagadas as débedas, polo que contemplan a solicitude dun crédito que podería ascender a 2,6 millóns de euros, 1.6 destinados a compra do pazo e 1 millón de euros para realizar o cambio de luminarias para o cal recibirán unha subvención do ministerio.

more recommended stories