O Plan Único da Deputación inviste 6,5 millóns de euros na mellora das infraestruturas deportivas de 35 concellos da provincia

O Plan Único (POS+) da Deputación da Coruña financia cun investimento de 6.571.770 euros un total de 51 obras de construción ou renovación de infraestruturas deportivas en 35 concellos da provincia da Coruña.

A este importante cifra hai que sumar outros 772.431 euros que os municipios achegan para completar algúns dos investimentos, que en conxunto alcanza os 7,3 millóns de euros.