Feijóo anuncia un acordo histórico cos sindicatos para a mellora do emprego e das condicións de traballo dos profesionais da Función Pública

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe a autorización no Consello da Xunta dun acordo cos sindicatos UGT e CC.OO que cualificou de “histórico” e “moi ambicioso” para a mellora da función pública.

A este respecto, Feijóo aseverou que se trata do acordo máis importante acadado no ámbito do emprego público na historia de Galicia. Ábrese así, dixo, unha nova etapa na que o obxectivo será acadar un emprego público de calidade, estable e ben retribuído, que ofreza as mesmas condicións para os profesionais que desempeñen iguais funcións e que recoñeza o esforzo laboral e motive a mellora constante da formación co conseguinte beneficio para a cidadanía.

more recommended stories