Os propietarios de buques pesqueiros galegos poderán beneficiarse dun millón de euros en axudas

O Consello da Xunta analizou hoxe un informe sobre a convocatoria de 2019 de axudas a propietarios de buques pesqueiros galegos para investimentos que fomenten a pesca sustentable.

A estas achegas, cofinaciadas co Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (Femp), a Xunta destina algo máis dun millón de euros. Poderán beneficiarse delas os propietarios de buques pesqueiros con porto base en Galicia. O informe sinala que son obxecto destas achegas os investimentos para limitar o impacto da pesca no medio mariño e para protexer as especies.

more recommended stories