A Xunta presenta a nova sinalización con pictogramas para facer máis accesible a sede central de San Caetano

O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e a conselleira de Política Social, Fabiola García, salientaron hoxe o avance cara a unha sociedade máis inclusiva para todas as galegas e galegos que supón a sinalización con pictogramas do complexo administrativo de San Caetano.

Fixérono na presentación desta iniciativa elaborada en colaboración con Autismo Galicia, que supuxo a instalación na sede central da Xunta de máis de 200 indicadores adaptados para a súa lectura e comprensión por parte de persoas con capacidades diversas.

more recommended stories