Os patróns de Riveira e Aguiño trasladaron ao presidente da Xunta as súas inquedanzas

O alcalde e os patróns maiores de Aguiño e Riveira —Manuel Ruiz, José Antonio Santamaría e José Antonio Pérez, respectivamente— mantiveron onte unha reunión co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e coa conselleira do Mar, Rosa Quintana, coa fin de facerlles coñecedores de primeira man das diversas inquedanzas e cuestións que resultan prioritarias para ambas confrarías e para o propio Concello.