Feijóo anuncia que nas vindeiras semanas se ampliará o bono coidado para cubrir tamén os servizos de ludotecas e outros espazos infantís


Durante unha visita ás instalacións da escola infantil A Galiña Azul da Estrada, onde estivo acompañado pola conselleira de politica social, Fabiola García, Feijóo aseverou que o fomento da conciliación seguirá sendo unha das grandes prioridades da Xunta: con máis prestacións, como a Tarxeta Benvida, que cun orzamento de 36 millóns de euros en 2019, acaba de mellorarse para poder ser solicitada durante o embarazo; con máis facilidades para que os empregados públicos concilien mellor a vida persoal e laboral, como a ampliación dos permisos de maternidade e paternidade; e con máis prazas de gardería e recursos de conciliación innovadores, como as casas niño, das cales está a piques de resolverse a terceira convocatoria.

more recommended stories