Medio Ambiente destina 300.000 euros á orde de axudas á prevención de danos por certas especies de fauna silvestre

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda convoca as axudas para sufragar accións de prevención de danos por fauna salvaxe.

Tal e como anunciara a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, durante unha rolda de prensa sobre as medidas do Goberno galego para actuar fronte aos danos que causa o lobo e o xabaril, o Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde pola que se convocan ditas subvencións.
Trátase da terceira liña de axudas para facer fronte ao conflito derivado dos danos ocasionados pola fauna silvestre sobre os cultivos agrarios ou as explotacións gandeiras dotada dun importe de 300.000 euros.

more recommended stories