A Aula CeMIT de Riveira vai dar cabida na segunda quincena deste mes a dous cursos gratuítos : Gmail e Whatsapp.

O curso titulado “O chat máis popular. Aprende a utilizar Whatsapp” terá lugar os días 22, 24, 29 e 31 de xaneiro, de 16.30 a 18.30 horas (8 horas en total).

Abordaranse distintos apartados como características e funcións principais, novidades da última versión, compartido de información en diferentes formatos, funcións de chamada e videochamada, grupos e listas de difusión, trucos e tips ou uso no ordenador.