O Concello de Noia celebrará unha Gala do Deporte en marzo para premiar ás e aos mellores deportistas do municipio

O Concello de Noia traballa na organización dunha Gala do Deporte o vindeiro mes de marzo, na que serán recoñecidos os/as mellores deportistas e entidades deportivas do municipio.

Unha iniciativa coa que “queremos distinguir e recoñecer o traballo que fan día a día os e as nosas deportistas e clubs de Noia”, explica o concelleiro de Deportes, Ramón Santos Pérez.