A Xunta convocará este mes unha nova orde de axudas para obras de humanización urbanística dotada con 2,5 millóns

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda convocará en xaneiro unha nova orde de axudas co obxectivo de financiar proxectos para a creación ou mellora de rúas, espazos públicos e infraestruturas urbanas nos concellos.

O programa contará cunha partida de 2,5 millóns de euros e está dirixido a municipios de menos de 50.000 habitantes, tal e como adiantou esta mañá durante unha visita a Sanxenxo a titular de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez.

more recommended stories