O bo tempo reinante durante a xornada do sábado propiciou que milleiros de persoas desfrutasen na comarca das cabalgatas de reis que desfilaron por todos os concellos.

Os magos de Oriente chegaron ao Barbanza comezando por Lousame, ali xa aterraron pola mañá.

Este ano a cabalgata arrancou na pista polideportiva de San Xusto as 9:30 horas , dende onde a comitiva se desprazou a Lesende ,Vilacoba, Fruíme , Aldeagrande , San Roquiño e Corral de Abaixo .E pese as baixas temperaturas foi todo un éxito, De feito, por primeira vez en moitos anos, non só houbo que facer todas as paradas senón que mesmo se fixeron algunhas non previstas ao atopar grupos de nenos e nenas no traxecto da comitiva real.