A Xunta elimina un punto de vertido ao río Coroño no lugar de ponte Goiáns, no concello de Boiro.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de eliminar un punto de vertido ao río Coroño no lugar de Ponte Goiáns, no Concello de Boiro.

As emisións contaminantes foron identificadas polos inspectores de Augas de Galicia no marco das labores rutineiras de control no citado municipio. Os resultados analíticos da mostraxe nun colector para a condución e desaloxo de augas pluviais ao río amosaron a presenza de contaminación de orixe fecal.

more recommended stories