O Concello de Noia inviste máis de 45.000 € na mellora dos locais sociais de Boa e Barro.

O Concello de Noia está a investir 46.725 euros nun plan de mellora dos locais sociais de Boa, Ousoño, Barro e Ponte de San Francisco. Dous deles xa están rematados, os de Boa e Barro, como puido comprobar a concelleira de Relacións Veciñais, Ana Belén García Vidal, durante unha visita aos locais.