A Xunta investirá case 450.000 euros na mellora do firme da vía entre Porto Bravo e Tállara,

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade colaborará co Concello de Lousame na execución das obras de mellora do firme da vía que conecta Porto Bravo a Tállara mediante un investimento autonómico de case 450.000 euros.

O obxecto destes traballos é incrementar o afirmado deste vial municipal, que consta dunha lonxitude de máis de 5 quilómetros de lonxitude, e dotalo da capa de rodadura axeitada ao volume de tráfico que rexistra.

more recommended stories