A Deputación da Coruña subvenciona con 980.000 euros a contratación de técnicos deportivos nos concellos da provincia.

A Deputación da Coruña subvenciona, un ano máis, a contratación de técnicos deportivos nos concellos da provincia. O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe xoves, 3 de xaneiro, as bases da edición 2019 deste programa, que o ente provincial desenvolve dende hai tempo cunha excelente acollida por parte dos municipios e que este ano está dotado cun orzamento de 980.000 euros.