A Xunta apoia con máis de 95.000 euros a contratación de 8 técnicos de emprego nos concellos do Barbanza

A Xunta vén de resolver as axudas para apoiar nos concellos galegos e nas entidades sen ánimo de lucro a contratación de axentes de emprego e unidades de apoio.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria inviste este ano máis de 95.000 euros para seguir impulsando a Rede de Técnicos de Emprego no Barbanza. Con esta iniciativa, apóiase a contratación e o mantemento de 8 axentes especializados na promoción do emprego. As axudas repartíronse entre todos os concellos que solicitaron este apoio: Noia, A Pobra do Caramiñal, Rianxo, Ribeira, Carnota, Lousame, Mazaricos e Porto do Son.