A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, valorou hoxe os datos do paro rexistrado

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, valorou hoxe os datos do paro rexistrado, que no último ano baixou en 15.718 persoas, é dicir, un 8,50% menos que en decembro de 2017, o que sitúa á Comunidade como a terceira na que máis descende o desemprego, mellorando a media estatal, que foi de -6,17%.

Así Galicia leva un ano entre as catro Comunidades que máis reduciu o paro, mes a mes, na evolución interanual. Ademais, desde 2014 está logrando pechar a ano cun descenso do paro maior que no conxunto do Estado.

more recommended stories