O Concello de Lousame recupera a Cabalgata de Reis polas parroquias, que terá lugar durante a mañá do sábado 5 de xaneiro

O Concello de Lousame volverá recuperar este ano a tradición de levar a Cabalgata de Reis polas distintas parroquias do municipio, despois de que o mal tempo impedira a súa saída o pasado ano 2018. Así mesmo, manterá o tradicional Festival de Reis, que terá lugar no polideportivo municipal “Pilar Barreiro Senra”.

more recommended stories