Galicia convértese na primeira comunidade en poñer en marcha medidas de protección e asistencia integral para os orfos e orfas vítimas da violencia de xénero

A Xunta pon en marcha medidas de protección e asistencia especifica para os orfos vítimas directas da violencia de xénero, converténdose na primeira comunidade do Estado en levalo a cabo, e dando cumprimento a un dos eixes do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asinou esta mañá un convenio cos representantes dos colexios de Graduados Sociais, Xestores Administrativos, Educadores sociais e auditores sociolaborais, para a asistencia integral dos orfos vítimas da violencia de xénero, ao abeiro do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

more recommended stories