A Xunta porá en marcha en 2019 o plan Ribeira Sacra para coordinar e xestionar de xeito global os investimentos das distintas administracións nesta área


Un día despois de que o Consello da Xunta dese o visto e prace ao decreto polo que se declara BIC a paisaxe cultural da Ribeira Sacra, o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe, no acto da poio da candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial, a posta en marcha en 2019 do Plan Ribeira Sacra, que permitirá coordinar e xestionar de xeito global os investimentos das distintas administracións nesta área; ”en definitiva, unha ferramenta que sumando esforzos multiplique resultados”, aseverou.
Durante o evento, Feijóo subliñou ademais que coa declaración como Ben de Interese Cultural, a candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial sobe un novo chanzo.

more recommended stories