Suspendido o procedemento de selección para cubrir tres prazas de Policía Local de Noia

O Concello de Noia acordou a suspensión do procedemento de selección para a cobertura en propiedade de 3 prazas vacantes do posto de Policía Local, pertencentes ao Grupo C, subgrupo C1, incluídas na oferta de emprego público 2018 do Concello de Noia, así como a suspensión do exame convocado para o vindeiro 4 de xaneiro de 2019.